fosforescencia
fosforescencia
(< fosforescente)
s
f
[FÍS]
Emisión de radiación que se debe a transicións electrónicas nas que o estado excitado e o estado normal teñen diferente spin. Esta emisión, a diferenza da fluorescencia, persiste durante un tempo despois de que se suprima a excitación. Primeiramente a súa intensidade diminúe segundo unha función exponencial do tempo (como a fluorescencia), e despois máis lentamente, segundo unha cinética máis complicada. Os espectros da emisión fluorescente e da fosforescente adoitan ser idénticos.