fosforoso -sa

fosforoso -sa

(< fósforo)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao fósforo.

  2. adx

    Que contén fósforo.

  3. adx

    Aplícase aos compostos de fósforo en que este ten unha valencia ou número de oxidación de +3.

  4. ácido fosforoso [QUÍM]

    Ácido dibásico delicuescente que se obtén por hidrólise do tricloruro de fósforo. Coñécense dúas formas parcialmente deshidratadas: o ácido metafosforoso (HPO 2 ) e o ácido pirofosforoso (H 4 P 2 O 5 ).

  5. óxido fosforoso [QUÍM]

    Óxido de fósforo no que este actúa con número de oxidación +3. Dáse na forma P 4 O 6 e é moi pouco ávido de auga.

Palabras veciñas

fósforo | fosforografía | fosforoscopio | fosforoso -sa | fosfuro | Foshan | fósil