Foshan

Foshan
Nome científico: [ant: Nanhai]

Cidade do sheng de Guangdong, China, na rexión do Centro-sur (303.160 h [1990]). Situada a 16 km ao SO da cidade de Canton, no delta do río Xi Jiang. A súa economía baséase na industria e no comercio. Do seu patrimonio cultural destacan o templo Zhu, as estatuas de Buda na montaña de Tapo (s VII) e a fábrica de cerámica de Shiwan.