Foster, Norman
Arquitecto e urbanista inglés. Estudiou na Manchester University e na Yale University. En 1963 formou o grupo Team 4 Architects, xunto coa súa esposa Wendy A. Foster que disolveu en 1967. Dirixiu o estudo internacional de arquitectura Foster and Partners. Empregou diferentes materiais e inclinouse polas superficies curvas. Entre as súas obras destacan o Hongkong and Shanghai Banking Corporation (Hong Kong, 1986), a terminal do aeroporto de Essex (1991), o aeroporto de Hong Kong en Chek Lap Nok (1998), o novo Reichstag de Berlín (1999) e a praza interior do British Museum (2000). No eido do urbanismo realizou a ordenación da Exposición Universal de Lisboa de 1998. En España realizou a torre de comunicacións de Collserola (Barcelona, 1988-1995) e o metro de Bilbao (1988-1995), do que destacan as bocas. Proxectou a Plataforma de Comunicación do Monte Pedroso en Santiago de Compostela, aínda non realizada. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Pritzker (1999) e o título de lord.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Manchester