Fotogramas

Fotogramas
[PUBLIC]

Revista de información cinematográfica fundada en Barcelona en 1946. Inicialmente dedicouse a ofrecer datos sobre estreas e personaxes do cine español e internacional. A mediados dos anos oitenta engadiu aos seus contidos habituais información sobre vídeo, e alquiler e venda de películas. Incluíronse tamén reportaxes sobre novidades técnicas, monográficos de actores, estilos ou xéneros, e artigos de crítica de destacadas personalidades do mundo cinematográfico. Anualmente concede os premios Fotogramas aos actores e profesionais máis salientables do cine, teatro e televisión en España.