fotomultiplicador

fotomultiplicador

(< foto- + multiplicador)

s m [FÍS]

Dispositivo electrónico que se emprega para detectar e medir un pequeno fluxo de fotóns. Baseado no efecto fotoeléctrico, ideouno W. Zworykin en 1936. Consta dun fotocátodo e dun multiplicador de electróns, composto de diversos dinodos e dun ánodo. Traballa no baleiro para evitar as perdas de electróns por colisións cos átomos. Os electróns que inicialmente emite o fotocátodo aceléranse polo campo eléctrico que existe entre aquel e o primeiro dinodo, sobre o que inciden, o que provoca a emisión dun número máis elevado de electróns. Estes aceléranse sucesivamente baixo a acción do campo eléctrico que existe entre dinodo e dinodo, de tal maneira que se reparte en cada dinodo do mencionado proceso multiplicador. Finalmente, os electróns recóllense polo ánodo e dan lugar a unha corrente no circuíto exterior. A ganancia que se obtén polo efecto multiplicador é superior a 106. Emprégase para medir niveis moi baixos de radiacións de infravermellos próximo, do visible e do ultravioleta.

Sinónimos

Palabras veciñas

fotomicrografía | fotomicrográfico -ca | fotomontaxe | fotomultiplicador | fotón | fotonastia | fotoneutrón