fotón

fotón

(< gr fot- + 2 -ón)

s m [FÍS]

Cuanto de enerxía en forma de radiación electromagnética, emitido ou absorbido pola materia. Introduciuno A. Einstein, no ano 1905, para dar unha explicación satisfactoria do efecto fotoeléctrico. Coa realización de experiencias de choque entre electróns e radiación luminosa (efecto Compton), púidose constatar o carácter de partícula que presenta ás veces o fotón, o que permite asociarlle un momento hv/c e unha enerxía hv, onde v é a frecuencia da radiación, h a constante de Planck e c a velocidade da luz. O fotón ten spin igual a 1, e, por tanto, é un bosón. Represéntase polo símbolo γ.