fototaxe
fototaxe
(< foto- + -taxe)
s
f
[BIOL]
Movemento dunha célula ou de calquera organismo móbil en resposta a un estímulo luminoso. Este movemento pode ser tanto de atracción como de repulsión. Un exemplo é o das algas Chlamydomonas que se dirixen cara a rexións onde a concentración luminosa é maior para realizar mellor a fotosíntese.