fototelegrafía
fototelegrafía
(< foto- + telegrafía)
s
f
[TECNOL]
Procedemento de transmisión a distancia, mediante cable ou por radio, de imaxes fixas, tales como fotografías, debuxos ou textos. Os primeiros experimentos foron realizados por Davy e, posteriormente, por Wheatstone, Bain e Bakewell, este último conseguiu en 1847 obter o primeiro aparello capaz de transmitir imaxes (debuxos ou manuscritos) a distancia. En 1885 Caselli ideou un sistema que se experimentou despois entre París e Amiens. Era demasiado rudimentario e non evolucionou; os sistemas modernos baséanse no primitivo aparello de Bakewell, posteriormente modificado por Belin, que elaborou o belinógrafo, aparato no que se basea o facsímile e a telecopia.