Mironoff, Ilyena Lydia

Mironoff, Ilyena Lydia

Actriz. Coñecida como Helen Mirrer, comezou a súa carreira teatral na Royal Shakespeare Company, onde brillou nos papeis de Ofelia e lady Macbeth, antes de debutar no cine da man de Don Levy no filme Herostratus (1967). Intérprete moi versátil, da súa filmografía cómpre salientar Excalibur (1981), Cal (1984, Premio á mellor actriz no Festival de Cine de Cannes), The Madness of King George (1994), pola que foi nominada ao Oscar, Last Orders (2001) e Gosford Park (2001).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Chiswick, Londres