Mīrpur Khās

Mīrpur Khās

Cidade da provincia de Sind, Paquistán (124.371 h [1981]), situada na canle de Let Wah e enlazada por estrada e ferrocarril con Hyderābād. É un centro comercial de trigo e algodón e produce manufacturas téxtiles e fertilizantes químicos.