miscelánea
miscelánea
(< lat miscellanĕa)
-
s
f
Mestura de diferentes cousas.
-
s
f
[BIBLIOT/LIT]
-
Libro que contén escritos de temática diversa dun só autor ou de diversos autores.
-
Obra composta por traballos en prosa ou en verso, publicada en homenaxe a un escritor, un político ou un científico, entre outros, polos seus amigos.
-
Conxunto de diversos opúsculos que nas bibliotecas adoitan estar encadernados xuntos atendendo ao seu formato.
-