Miscelánea Literaria
Miscelánea Literaria
[PUBLIC]
Revista publicada en Vigo a partir de xuño de 2000, que editou catorce números cunha periodicidade mensual. Trátase dunha publicación especializada en literatura que inclúe poesías, teatro, relatos e recensións literarias, ademais dalgunhas obras de carácter exclusivo, como a edición do primeiro acto de La Canaza, a obra inédita de Miguel Mihura. Editada por Edicións Cardeñoso, distribúese en España, Colombia, Chile e México.