Misia
Misia
Antiga rexión de Asia Menor, situada entre o mar de Mármara e o Exeo, que limitaba con Lidia, Frixia e Bitinia. Foi dominada polos persas no s VI a C, e na época helenística por Alexandre o Grande e polos seléucidas. Absorbida no s III a C polo Reino de Pérgamo, pasou a mans dos romanos en 133 a C. Estivo sempre sometida a unha forte influencia do helenismo.