mísil

mísil

(< lat missĭle ‘arreboladizo’)

s m [BÉL/AERON]

Máquina aérea propulsada que está destinada a percorrer unha traxectoria para alcanzar un branco determinado. A súa propulsión pode ser por foguete, por reactor aerobio ou por un sistema mixto. Os mísiles poden ser balísticos ou ben, polo xeral, ir provistos dun sistema de dirección, para o que se empregan dous sistemas: o telecontrol, case en desuso, e o autocontrol, que pode ser pasivo (detección de radiacións emitidas polo branco), activo (sinais de radar emitidos polo mesmo mísil) e semiactivo (sinais emitidos desde unha estación externa ao mísil). Para nomear os mísiles emprégase un acrónimo de tres ou catro letras, iniciais de termos ingleses, segundo o punto de lanzamento e a localización do obxectivo, S para superficie tanto terrestre como naval, A para aire, SL para lanzamento submarino e U para obxectivo submarino; outras letras indican o alcance (IC intercontinental, MR medio e SR curto); e a última letra do acrónimo sempre é M, de mísil. Os mísiles antimísil son denominados ABM. As súas oxivas, poden ser de explosivo convencional ou nuclear, e neste caso hainas de cabeza única e múltiple (MRV se se dispersan sen guía final e MIRV se a levan). OBS: Tamén se denomina arma teledirixida.

Formas incorrectas

misil