Miskolc

Miskolc

Capital do meyge de Borsod-Abaúj-Zemplén, Hungría (173.000 h [2000]). É a segunda cidade do país, está situada na beira do río Sajó, afluente do Tisza, na vertente NO do macizo de Bükk, converteuse nun gran núcleo industrial, onde destaca a siderurxia, as construcións mecánicas, a industria química e a alimentaria. É tamén un centro cultural.