Mislata
Mislata
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, situado á dereita do antigo leito do Turia, que foi desprazado modernamente ao SO da vila (40.548 h [2001]). O escaso terreo cultivado é todo de horta e está dedicado ás patacas, millo e hortalizas en réxime intensivo. A industria conta con numerosas empresas, entre as que destaca o subsector da madeira e do moble, o de alimentación, os produtos metálicos, o papel e as artes gráficas, a confección e os plásticos.