missi dominici*
missi dominici*
s
m pl
[HIST]
Funcionarios carolinxios delegados polo monarca para vixiar a administración e o cumprimento das leis civís e eclesiásticas. Instituídos por medio dun capitular do 802, xulgaban en última instancia as cuestións xurídicas máis graves e controlaban os impostos e os traballos públicos. Desapareceron a comezos do s X.