Mission de France

Mission de France

Institución eclesiástica francesa encargada da evanxelización das rexións máis descristianizadas. Foi establecida pola xerarquía francesa en Lisieux (1941) e a súa sé foi trasladada a Pontigny (Yonne), onde pasou a depender dun prelado francés (o primeiro foi o cardeal Liénart, bispo de Lille), representado por un vigairo xeral residente.