Misterios de Pontevedra

Misterios de Pontevedra

Publicación aparecida en Pontevedra en 1845 e que cesou no número oito. O seu director e único redactor foi Xosé B. Armada. Impresa, de xeito irregular, nos obradoiros tipográficos da Viúva de Pintos, tratábase dunha obra por entregas, redactada en verso, que tiña como obxectivo dar a coñecer as interioridades da vida local pontevedresa. Algúns estamentos sociais da cidade tentaron censurar a publicación e o seu responsable decidiu pechala.