mitsukurínido -da
mitsukurínido -da
(< lat científico Mitsukurina, xénero de peixes)
-
adx
Relativo ou pertencente aos mitsukurínidos.
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe da familia dos mitsukurínidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ICT]
Familia de peixes condritios, da orde dos lamniformes, que se caraterizan por presentar un fociño longo, a aleta caudal moi longa e a segunda aleta dorsal e a anal moi desenvolvidas. Viven en augas profundas de mares tropicais e temperados. O único representante vivo desta familia é Mitsukurina owstoni.