Mitterrand, François

Mitterrand, François

Político francés. Doutor en Dereito, formou parte, entre 1947 e 1957, de diversos gobernos da Cuarta República e, ao se constituír o renovado Parti Socialiste (1971), pasou a ser o secretario xeral. En 1981 acadou o cargo de presidente da república, co apoio do conxunto da esquerda. Aplicou un programa de corte social, que foi en parte revisado en 1983 a raíz da crecente inflación, pero, coa introdución de medidas de austeridade, perdeu o apoio comunista. A derrota socialista nas eleccións lexislativas de 1986 obrigouno a gobernar cunha Assemblée Nationale dominada pola oposición. Reelixido nas presidenciais de 1988, mantivo o cargo ata 1995, en que foi sucedido por Jacques Chirac.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Jarnac, Poitou

  • Deceso

    Lugar : Charentes

  • Deceso

    Lugar : París