miúdo -da
miúdo -da
(< lat minūtu)
-
adx
Que é de tamaño e volume pequenos.
Ex: Cae unha auga moi miúda pero sen que te deas conta xa estás mollado.
-
adx
Que é pequeno e delgado.
Ex: O rapaz é máis miúdo ca seu pai.
-
adx
Que non ten importancia ou que é insignificante.
Ex: Céntrase máis nas cousas miúdas que nas realmente importantes.
-
adx
Aplícase ao diñeiro en moeda que ten pouco valor.
Ex: Dáme o diñeiro miúdo que teñas no peto para mercar o pan.
-
s
m pl
miudanzas.
Frases feitas
-
A miúdo loc adv Con frecuencia.
-
Polo miúdo 1 loc adv Maneira de contar unha cousa detalladamente.
-
.
-
2 loc adv Expresión que indica que nun comercio se venden as mercadorías en pequenas cantidades