miúdo -da

miúdo -da

(< lat minūtu)

  1. adx

    Que é de tamaño e volume pequenos.

    Ex: Cae unha auga moi miúda pero sen que te deas conta xa estás mollado.

  2. adx

    Que é pequeno e delgado.

    Ex: O rapaz é máis miúdo ca seu pai.

  3. adx

    Que non ten importancia ou que é insignificante.

    Ex: Céntrase máis nas cousas miúdas que nas realmente importantes.

  4. adx

    Aplícase ao diñeiro en moeda que ten pouco valor.

    Ex: Dáme o diñeiro miúdo que teñas no peto para mercar o pan.

  5. s m pl

    miudanzas.

Frases feitas

  • A miúdo loc adv Con frecuencia.

  • Polo miúdo 1 loc adv Maneira de contar unha cousa detalladamente.

  • .

  • 2 loc adv Expresión que indica que nun comercio se venden as mercadorías en pequenas cantidades

Palabras veciñas

Miudas | miudeira | miudeza | miúdo -da | miuro | miwok* | mix o