mixomatose
mixomatose
s
f
[PAT]
Enfermidade grave de orixe vírica que se caracteriza pola formación de tumefaccións mucosas na pel e nas membranas. É típica dos coellos, entre os que causa unha gran mortalidade. Propágase por contaxio directo ou mediante a picadura de mosquitos. A incubación vai de 3 a 5 días, e as principais manifestacións clínicas son edema palpebral, adenopatía, lasitude nas orellas, edema na cabeza, edema xeral con nódulos na rexión xenital, adelgazamento rápido e morte ao cabo de poucos días. O virus foi descuberto en 1898 por Sanarelli en Montevideo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].