mixomicoto -ta
mixomicoto -ta
-
adx
Relativo ou pertencente aos mixomicotos.
-
s
m
[PROTISTA]
Organismo do filo dos mixomicotos.
-
s
m pl
[PROTISTA]
Filo de organismos protistas heterótrofos, sen parede celular, a maioría saprófitos, que no seu ciclo vital pasan por unha fase ameboide durante a que se alimentan por fagocitose ou ben por absorción. Reprodúcense mediante esporas que se orixinan en esporanxios aéreos. Comprende a clase dos protosteliomicetos e a dos mixomicetos. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].