Mizoguchi, Kenji

Mizoguchi, Kenji

Realizador cinematográfico. Cultivou un tipo de cine onde predominaba a análise psicolóxica, como Naniwa hika (Elexía de Naniwa, 1936) e Gio no shimai (Os irmáns de Gio, 1936). Despois da exaltación nacionalista da década de 1940 produciu películas como Saikaku ichidai onna (Vida dunha muller elegante, 1952), Ugetsu monogatari (Narracións da lúa pálida de agosto, 1953) e Sanshô dayû (O intendente Sansho, 1954), premiadas en Venecia, e Akasen chitai (A rúa da vergonza, 1956).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Toquio

  • Deceso

    Lugar : Kyoto