mizostómido -da

mizostómido -da

(< lat científico Myzostomum, xénero de anélidos)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos mizostómidos.

  2. s m [ANIMAL]

    Anélido da orde dos mizostómidos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Orde de anélidos, da clase dos poliquetos, que alcanzan ata 3 mm de lonxitude e presentan corpo discoidal, redondeado ou elíptico, coa cara dorsal lisa, e a boca situada ventralmente e rodeada de ventosas que lles serven para suxeitarse aos crustáceos hospedeiros que parasita. Son parasitos de crustáceos e crinoideos.

Palabras veciñas

mizcar | Mizoguchi, Kenji | Mizorām | mizostómido -da | Mjøsa | MKS | MKSA