1 moa
1 moa
(< lat mola)
-
s
f
Pedra do muíño, en forma de roda, que xira sobre outra para triturar cereais, olivas ou outros produtos. Na tradición oral recóllense ditos como: “Coa auga pasada non anda a moa”.
-
s
f
Pedra ou utensilio constituído por un material abrasivo natural ou artificial que se fai xirar arredor do seu eixe e que se emprega para afiar, puír, desbarbar, rectificar ou perfilar ferramentas ou pezas diversas.
-
-
s
f
[ZOOL]
Cada un dos dentes que se sitúan na parte posterior da mandíbula, posteriores aos cairos e que serve para moer ou triturar os alimentos.
-
moa do xuízo/do siso/cabeira
[ANAT]
Cada unha das pezas dentais que están situadas ao cabo das moas e que saen na idade adulta.
-
s
f
[ZOOL]
-
s
f
Pedra de forma diversa situada sobre os pés do hórreo que ten como función impedirlle o acceso á cámara aos roedores.
Sinónimos: rateira, tornarratos.