3 moa
3 moa
s
f
[ANIMAL/ORNIT]
Nome dado polos maorís ás aves ratites do xénero Dinornis, da orde dos dinornitiformes. Poboaban Nova Zelanda na antigüidade, e a finais do s XVIII desapareceron debido á caza extensiva á que foron sometidas. Eran de tamaño variable, chegando a medir ata 4 m de altura, con patas robustas, relativamente curtas, provistas de esporóns, co pescozo longo e sen ás. Alimentábanse de sementes e froitos.