Moa, A
Moa, A
[PUBLIC]
Boletín mensual editado en Santiago de Compostela a partir de decembro de 1979. Subtitulouse “Revista rural galega”. Dirixida por Manuel Robla Riesco e editada polo Instituto Social da Galicia Rural (ISGAR), incluíu debuxos e gráficos de Saavedra Pita. Continuadora da tradición das publicacións agraristas existentes no franquismo, nos seus diferentes apartados prestou unha atención especial aos sectores agrario e gandeiro de Galicia. Nel incluíronse disposicións lexislativas, normativas sobre cooperativismo agrario e montes comunais, a evolución no mercado dos produtos agroalimentarios e novas relacionadas co sector. Ademais, inseriu algunhas viñetas de humor, poesía e unha caixa de correo para os lectores.