Moas, Francisco das
Moas, Francisco das
Escultor e entallador. Traballou nalgúns dos trazados realizados por Fernando de Casas e por Domingo de Andrade. Realizou o retablo e a custodia para a capela maior de San Fiz de Lovio (1727), en Santiago de Compostela, e os retablos laterais para a capela da orde Terceira de San Francisco de Santiago (1737). Na catedral de Santiago de Compostela traballou na capela da Virxe da Azucena, sobre planos de Fernando de Casas, e nas bóvedas da sala capitular, baixo as ordes de Lucas Caaveiro (1754).