Mochi, Francesco
Mochi, Francesco
Escultor italiano. Considerouse o iniciador da escultura barroca italiana. Traballou en Orvieto, onde fixo a Annunziata para a catedral (1603-1610). En Roma fixo o San Matteo (1610-1612) para a capela Paulina de Santa María Maggiore e unha Veronica (1628-1640) para unha das fornelas da cúpula da basílica de San Pedro. En Piacenza fixo as estatuas ecuestres de Ranucio e Alessandro Farnese (1612-1629).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Montevarchi, Toscana -
Deceso
Lugar : Roma