modelaxe
modelaxe
(< modelar)
-
s
f
Acción e efecto de modelar.
-
s
f
[ARTE]
Procedemento que se emprega en escultura exenta polo que o escultor, cunha materia plástica e maleable, xeralmente barro ou cera, fai un modelo que despois reproducirá en xeso, mármore, bronce ou calquera outro material. A materia plástica trabállase sobre unha armadura de madeira ou ferro que actúa como o esqueleto do modelo.
-
s
f
[ARTE]
Obra que se obtén por este procedemento.
-
s
f
[ARTE]
Intento de conseguir a sensación de volume en relevo, pintura, debuxo, gravado ou todas as demais representacións bidimensionais, mediante recursos lumínicos, contrastes de cor ou perspectiva.
-
s
f
[XEOG]
Conxunto de formas dun terreo que caracterizan un sistema de erosión. Poden ser desérticos, glaciais, cársticos ou periglaciais.