modelismo
(< modelo)
-
s
m
[XOGO]
Técnica e arte de construír reproducións a escala reducida de barcos, aeroplanos, vehículos e aparatos diversos. Pode dar lugar a unha actividade deportiva, como é o caso do aeromodelismo.
-
modelismo naval
[DEC]
Arte de facer modelos de barcos a escala reducida. É a forma de modelismo máis antiga das practicadas actualmente e comprende distintos aspectos, que responden a diferentes fins, de xeito que se poden considerar as seguintes clases de modelos: os modelos técnicos, proxectos que fan os arquitectos navais; os históricos, reproducións minuciosas a escala construídas con rigor científico segundo os métodos da arqueoloxía naval; os modelos didácticos, maquetas de veleiros a escala pouco reducida que teñen as escolas de náutica para explicar a manobra ou a arquitectura naval; e os modelos dos mariñeiros, pequenas naves feitas a bordo ou en terra, algunhas delas construídas dentro de botellas.