Modern Jazz Quartet
Modern Jazz Quartet
Grupo de jazz estadounidense fundado en 1951, composto por John Lewis (piano e director), Milt Jackson (vibráfono), Percy Heath (baixo) e Kenny Clarke (batería) a quen substituíu Connie Kay en 1955. O seu estilo vinculouse co bop, moi de moda na época. Disolveuse en 1974, pero retomou a actividade en 1980.