modulador -ra
(< lat modulātōre)
-
adx
Que modula.
-
s
m
[COMUN]
Dispositivo, circuíto ou aparato que se emprega para modular unha onda ou unha corrente eléctrica de frecuencia e amplitude axeitadas. Os moduladores poden ser lineais, que son os máis correntes, ou non lineais, entre os que destaca o de Van der Bijl. Para a AM empréganse transistores con modulación por placa (ou por colector), por reixa (ou por base), ou ben por cátodo (ou por emisor); para a modulación sen portadora emprégase o modulador equilibrado e o modulador en anel. Para a FM empréganse o tubo ou transistor de reactancia. Para a modulación de fase hai diversos circuítos e tamén tubos especiais, como o fasitrón ou o klystron reflex.
-
modulador de luz
[FÍS]
Dispositivo que converte as variacións dunha corrente eléctrica en variacións do fluxo luminoso emitido por una lámpada.