módulo
(< lat modŭlu)
-
s
m
[ARQUIT]
-
Medida do semidiámetro da parte inferior do fuste dunha columna, tomada como unidade para determinar as proporcións das outras partes dunha orde arquitectónica. Empregouse na Antigüidade e era de doce partes iguais nas ordes toscana e dórica, e de dezaoito partes nas ordes xónica, corintia e composta.
-
Medida que se toma como unidade dunha escala de proporcións para unha composición ou distribución arquitectónica. Na arquitectura moderna é a medida convencional pola que todas as dimensións dun edificio son múltiplos aritméticos.
-
-
s
m
-
Cada un dos elementos dun conxunto prefabricado que permite diversas solucións de montaxe.
Ex: Engadiulle dous módulos ao armario da cociña.
-
Cada unha das partes dunha máquina ou dun artefacto acopladas funcionalmente.
-
[ASTRON]
Cada unha das partes dunha astronave que cumpre un conxunto de funcións determinadas. Xeralmente, unha astronave está constituída por un módulo de mando, un módulo de servizo e, se é un vehículo destinado á Lúa, un módulo lunar.
-
[FÍS]
Unidade de montaxe que consiste nun circuíto formado por un grupo de compoñentes, montados sobre unha placa de circuíto impreso, que forman unha unidade compacta e con posibilidade de ser substituída por unha igual e con vista á revisión ou reparación. A estrutura modular dun aparato electrónico facilita moito a construción e o mantemento do mesmo. Os módulos lóxicos, capaces de efectuar determinadas operacións lóxicas, foron substituídos polos micromódulos.
-
[INFORM]
Parte dun programa que ten unha certa unidade funcional, coherencia interna e independencia do resto (programación modular). Funcionalmente, este concepto coincide co de rutina. Por outra banda, os ensambladores e compiladores traballan sobre unidades de programa tamén chamadas módulos, que normalmente se fan coincidir cos definidos aquí, e segundo esta unidade sexa considerada a entrada ou a saída, fálase de módulo fonte ou de módulo obxecto.
-
-
-
s
m
[FÍS]
Coeficiente dimensionado que completa a proporcionalidade ou relación entre magnitudes físicas, sobre todo as de elasticidade, como o módulo de Young, rixidez ou torsión.
-
módulo da sección [W]
[CONSTR]
Cociente entre o momento de inercia da sección dunha trabe respecto ao eixe neutro e á distancia desde a fibra máis afastada a este eixe. OBS: Tamén se denomina módulo resistente, módulo de flexión e, impropiamente, momento resistente.
-
módulo de elasticidade
[FÍS]
módulo de Young.
-
módulo de rixidez [G]
[FÍS]
Cociente entre un esforzo cortante ou de cizallamento, expresado en kg/cm 2 , e a deformación angular que produce, expresada en radiáns. Relaciónase co módulo de Young por medio da fórmula G = E/ (1 + μ) 2 , onde μ designa o coeficiente de Poisson. OBS: Tamén se denomina módulo de elasticidade en cizallamento.
-
módulo dunha engrenaxe
[TECNOL]
Cociente entre o diámetro do círculo primitivo dunha roda dentada e o número de dentes, expresado en mm. Ás veces, o módulo tamén se denomina paso diametral, aínda que na tradición anglosaxoa este concepto (diametral pitch) designa o cociente entre o número de dentes e o diámetro primitivo expresado en polgadas.
-
módulo volumétrico [K]
[FÍS]
Cociente entre a presión uniforme que actúa sobre as caras dun cubo, expresada en kg/cm 2 , e a deformación volumétrica que produce. Relaciónase co módulo de Young por medio da fórmula K = E/3(1-2μ), en que μ designa o coeficiente de Poisson.
-
s
m
[FÍS]
-
[MAT]
-
s
m
Estrutura alxébrica constituída por un conxunto M provisto dunha operación interna (+), respecto á que ten estrutura de grupo conmutativo, e dunha operación externa (·) cun anel unitario e comunicativo A, que cumpre, para todo x, y?M e a, b?A, as seguintes propiedades:
FORMULA
a(bx) = (ab)x
a(x+y) = ax + ay
(a+b)x = ax + bx
1x = x. -
módulo dos logaritmos decimais
Logaritmo decimal do número e:M = log 10 e= 0,434 294 481 9... Permite relacionar os logaritmos decimais e os neperianos por medio da fórmula do cambio de base do logaritmo.
-
módulo dunha congruencia
Número que se emprega para definir unha congruencia.
-
módulo dun número complexo
Dado un número complexo, z = a + ib, raíz cadrada de a 2 + b 2 .
-
módulo dun sistema de logaritmos
Número polo que hai que multiplicar os logaritmos dunha base para obter os logaritmos correspondentes doutra base.
-
módulo dun vector
norma dun vector.
-
s
m
-
s
m
[METROL]
Cantidade que expresa a medida de certa función, propiedade ou efecto, baixo certas condicións.
-
s
m
[NUMIS]
Diámetro dunha medalla ou moeda.
-
módulo de distancia
[ASTRON]
Diferenza entre a magnitude aparente (m) e a magnitude absoluta (M) dun astro. Relaciónase coa distancia (d) ao astro pola expresión m - M = 5 log d -5.