Moffatt, Tracey
Moffatt, Tracey
Fotógrafa e artista australiana. De ascendencia aborixe, licenciouse en Comunicación Audiovisual no Queensland College of Art. A súa obra, de contido autobiográfico, analiza os estereotipos sociais, especialmente aqueles que teñen que ver coa muller e os seus roles na sociedade. Expuxo a súa obra no Dia Center for the Arts (1997), de Nova York, na XLVII Bienal de Venecia (1998) e na Fundació La Caixa de Barcelona (1998). A súa obra está presente na colección permanente do CGAC.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Brisbane