Moholy-Nagy, László

Moholy-Nagy, László

Pintor, fotógrafo e teórico da arte húngaro. Fuxiu de Hungría e instalouse en Berlín (1920), onde asimilou as obras de dadaístas e construtivistas e introduciu a fotografía na Bauhaus. Abandonada a escola de Gropius (1928), centrouse no estudo da luz nos fotogramas e experimentou con novas técnicas e perspectivas na fotografía, ao tempo que proclamaba a súa teoría do dinamismo universal en Von Material zu Architektur (1929), que aplicou na creación de esculturas cinéticas e lumínicas, e participaba en películas experimentais. En 1937 instalouse en Chicago, onde foi promotor da New-Bauhaus. Publicou Malerei, Fotografie, Film (1925), Abstract of an Artist (1946) e Vision in Motion (póstumo, 1947).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Bácsborsód, Bácskiskun

  • Deceso

    Lugar : Chicago