Mohs, escala de
Mohs, escala de
[MINERAL]
Método semicuantitativo para a determinación da dureza dun mineral, introducido polo químico Friedrich Mohs. Consiste nunha escala de dez niveis, cun mineral representativo e común en cada nivel, de xeito que os minerais dos niveis superiores poden raiar todos os minerais dos niveis inferiores. Nos niveis máis baixos están o talco e o xeso, que son facilmente raiables, mesmo cunha unlla, e no nivel máis alto, nivel dez, está o diamante.