moi
moi
(< lat multus)
-
adv
En grao considerable. OBS: É a forma apocopada de moito. Só modifica adxectivos e adverbios, excepto mellor, peor, máis e menos que son modificados pola forma plena, e substantivos cando adquiren valor de adxectivos.
Ex: Xa vou moi vello para estes trotes. Chegaron moi tarde. Xa es moi home para facer estas parvadas.
-
pron
Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘eu’.