Moix i Messeguer, Ramon

Moix i Messeguer, Ramon

Escritor. Coñecido como Terenci Moix, a súa obra caracterizouse pola incorporación dos valores pop, a revaloración do melodrama e da imaxinación sadomasoquista a través da literatura dos cómics. Tamén escribiu teatro, fixo traducións e colaborou na televisión. Da súa produción en catalán destacan La torre dels vicis capitals (1968, Premio Víctor Català 1967), Onades sobre una roca deserta (1969, Premio Josep Plá 1968), Món Mascle (1971), Siro o la increada consciència de la raça (1972, Premio Prudenci Bertrana e Premio da Crítica Serra d’Or), Sadístic, esperpéntic u àdhuc metafísic (1976, Premio Joan Esterrich) e El sexe dels àngels (1992, Premio Ramon Llull 1992 e Lletra d’Or 1993). En castelán destacan El sadismo de nuestra infancia (1969), El dia que murió Marilyn (1970, Premio da Crítica Serra d’Or), No digas que fue un sueño (1986, Premio Planeta), La herida de la esfinge (1991), El arpista ciego (2002, Premio Fundación Lara 2003) e os volumes autobiográficos El peso de la paja (1990) e El beso de Peter Pan (1993). Tamén escribiu a tetraloxía sobre cine Mis inmortales del cine: Hollywood años 30 (1996), Mis [...] años 40 (1996), Mis [...] años 50 (2001) e Mis [...] años 60 (2003), esta última póstuma.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Barcelona

  • Deceso