2 mola

2 mola

(< lat mola ‘masa carnosa da matriz’)

  1. s f [MED]

    Masa carnosa que se desenvolve no interior do útero pola dexeneración dun óvulo, con aparencia de embarazo, e que finalmente é expelida ao exterior.

  2. mola hidatiforme [MED]

    Dexeneración quistosa edematosa das pilosidades coriais da placenta, que se presenta en forma de conxunto de vesículas múltiples e claras, que corresponden ás pilosidades distendidas polo líquido.

Palabras veciñas

1 mol | 2 mol | 1 mola | 2 mola | Mola | Mola Vidal, | molal