molasa
molasa
(< fr molasse)
s
f
[XEOL]
Facies e formación sedimentaria que corresponde a unha da últimas do ciclo xeosinclinal e que está incluída, despois da oroxénese, nas fosas marxinais das cordilleiras. Os materiais que a forman son típicos das chairas costeiras deltaicas e proceden da denudación das cordilleiras máis próximas en vías de formación. A miúdo, o teito destas formacións son depósitos salinos continentais. Son típicas do Terciario, presentan discordancias progresivas e chegan a ter grosores importantes (de 5.000 a 8.000 m).