Molay, Jacques de
Molay, Jacques de
Derradeiro gran mestre do Temple. Rexeitou o intento do Papa Gregorio X de fusionar as ordes dos templarios e dos hospitalarios e acudiu á VIII Cruzada. Cando estaba organizando en Francia unha nova cruzada tivo que defender a orde fronte ás acusacións de corrupción de Filipe IV, quen pretendía os abundantes recursos económicos dos templarios, e do Papa Clemente V, influído polos dominicanos. Detido (1307) por orde de Filipe IV de Francia, confesou baixo tortura (1309) os excesos dos que se acusaba os templarios. Malia retractarse das súas confesións anteriores, foi condenado á fogueira en marzo de 1314, no mesmo ano en que morreron o Rei Filipe IV e o Papa Clemente V.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Molay, Franco Condado -
Deceso
Lugar : París