Moldavia
Moldavia
Rexión do L de Romanía, situada entre os Cárpatos e o val do Siret, ao O, e o val do Prut ao L, e que constitúe a fronteira co estado de Moldavia. Ten unha extensión aproximada de 37.400 km2 e comprende a vertente L dos Cárpatos Orientais, que constitúe unha gran reserva de auga para a rexión S, unha zona subcarpática onde hai xacementos petrolíferos e de lignito e, máis ao L, unha sucesión de chairas e altiplanos. En conxunto é unha rexión rica e destaca a agricultura de cereais. A cidade máis importante é Iaşi.