molde
(< cat antigo motle)
-
s
m
-
[TECNOL/ARTE]
Peza cunha cavidade onde se introduce unha substancia en forma de po, pasta ou líquido para que ao solidificarse, colla a forma da cavidade. Os moldes que se empregan para o callado de metais son xeralmente de area ou metálicos. Tamén hai moldes de resinas sintéticas e de xeso, utilizados na escultura.
-
Instrumento que serve para reproducir ou estampar algunha cousa.
-
[TECNOL/ARTE]
-
s
m
[CONSTR]
encofrado.
-
s
m
[XEOL]
Figura dalgunha estrutura ou animal que queda nun sedimento ao consolidarse, que se pode producir pola corrente de auga, polo impacto das pedras ou polas pegadas de animais.
-
s
m
[GRÁF]
Composición seguida ou complexa, que pode estar integrada por texto, signos, ilustracións ou outros elementos gráficos, e que unha vez axustada e unida, forma a páxina ou paquete que será imprimido.