Molina Henríquez, Mario

Molina Henríquez, Mario

Químico mexicano. Estudou Ciencias Químicas na Universidad Nacional Autónoma de México e doutorouse en Química Física na Universidade de Berkeley (1972). Traballou como profesor e investigador nos centros Berkeley e Irvine da Universidade de California, no Jet Propulsion Laboratory, do Instituto de Tecnoloxía de California e no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. As súas investigacións centráronse fundamentalmente no estudo da capa de ozono e a relación que teñen os compostos de cloro (CFC) coa súa destrución. En 1995 recibiu, xunto con P. Crutzen e F. Sherwood Rowland, o Premio Nobel de Química polos seus estudos en química atmosférica.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Ciudad de México