molinismo
molinismo
(< antropónimo Luis de Molina)
s
m
[RELIX/FILOS]
Doutrina proposta por Luis de Molina para harmonizar a omnipotencia divina e a liberdade humana, que centrou os grandes debates do s XVII sobre as cuestións da graza, a predestinación e o libre albedrío. Opúxose á tese tomista da premonición física como incompatible coa liberdade, pero mantivo ao mesmo tempo a predeterminación, entendendo que Deus actúa sobre a liberdade do home por medio do concurso divino e a presciencia. Deste xeito, quedaban ao mesmo tempo afirmadas a necesidade da graza e o feito de que a eficacia desta dependía da súa aceptación ou rexeitamento por parte do home. A esta doutrina opúxose Domingo Báñez, feito que orixinou as controversias de auxiliis entre dominicanos e xesuítas.